miércoles, 21 de abril de 2010

O Olímpico de Vedra acada o bronce en Cadete Feminino no Campionato de España de Duatlón

Xornada histórica para o Olímpico de Vedra e o deporte vedrense a vivida este sábado en Xixón, na disputa do campionato de España de duatlón.

O equipo cadete femininio conquistaba o terceiro posto, sendo este o maior título acadado na historia deportiva do concello de Vedra. O Olímpico soamente era superado polas integrantes do Cidade de Lugo Fluvial, que se proclamaban campioas de España, e polas valencianas do CEA Bétera, que acadaban o subcampionato. Non obstante as vedresas superaban ó Diablillos de Rivas de Madrid e ás compostelanas do Triatlón Arcade Inforhouse.
As integrantes do equipo foron Raquel Vaamonde, que rematou en 12ª posición, o mesmo posto que acadara a tempada pasada despois de realizar dous moi bos parciales ap é e perder algunha posición na bicicleta; Katia Senín, que debutaba no campionato, remataba no posto 23º facendo unha gran remontada no segmento da bicicleta, Andrea López era vixesimocuarta pasando algún apuro como era previsto na bicicleta, pero realizando un terceiro parcial a pé excepcional e Cristina García terminou vixésimosexta, despois de realizar un gran primeiro parcial a pé, e sufrir unha avaría na bicicleta que lle fixo perder moito tempo. A nota desafortunada poñía Andrea Espiño, pois tiña que abandonar no primeiro segmento por culpa dunhas molestias.
Excepcional pois a participación destas xóvenes deportistas que son a primeira xeración de prometedores deportistas da numerosa canteira do Olímpico, o que nos fai soñar con cotas máis altas, que neste momento nin nos plantexamos porque agora trátase de disfrutar do éxito acadado. Non tódolos días se sube a un podium nacional.

No hay comentarios:

Publicar un comentario