viernes, 12 de marzo de 2010

20 marzo: Conferencia "Cao Turnes e a residencia de estudantes"


O próximo sábado 20 de marzo ás 20:00 horas no local da Sociedade Unión e Progreso de San Xián de Sales, presentarase unha nova actividade do Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires dedicada á figura de Manuel Cao Turnes, con motivo da conmemoración do 58 aniversario do pasamento deste ilustre persoeiro da emigración vedresa en Bos Aires.
A conferencia "Cao Turnes e a Residencia de Estudiantes" será impartida por Ricardo Gurriarán, historiador, profesor no Instituto Xelmirez I de Santiago de Compostela e por Jorge Cerdeira Louro, historiador, autor das publicacións editadas polo concello de Vedra con motivo da conmemoración do Centenario.
Ao final da conferencia, colocarase unha placa in memoriam no local da Sociedade Unión e Progreso de San Xián de Sales, á cal o Concello agradece a súa colaboración na organización deste acto.

No hay comentarios:

Publicar un comentario