viernes, 12 de marzo de 2010

25 marzo: Presentación da proposta didáctica "A Emigración en Vedra"

O próximo día 25 de marzo ás 19:00 horas, presentarase na Galería Sargadelos de Compostela a proposta didáctica "A Emigración en Vedra".
Esta proposta elaborada polo Centenario das Sociedades de Emigrantes de Vedra en Bos Aires, enmárcase no proxecto educativo Ulla Elemental e incorpórase ao seu cada vez máis amplo acervo. A proposta distribuirase en CD ademáis de poñerse ao dispor do público na Internet no enderezo www.100anosvedraemigrante.com.
O obxectivo deste traballo é achegar á comunidade educativa de Vedra e dos descendentes dos vedreses en Bos Aires o fenómeno migratorio do concello, percorréndoo a través de actividades especialmente deseñadas para os alumnos que permitirán coñecer as causas que levaron aos emigrantes a abandonar o país, as actividades das persoas que non emigraron, as condicións das viaxes e a vida dos emigrados no país de acollida, neste caso Arxentina.
Con esta publicación como fondo, na primavera de 2010 está prevista a celebración de videoconferencias e posta en común de experiencias entre os escolares de Vedra e os escolares do Colexio Santiago Apóstol de Bos Aires, que esperamos sexa un éxito.

No hay comentarios:

Publicar un comentario